Colaboradores

Construímos a iniciativa con outras organizacións galegas

Estamos a buscar cooperativas, asociacións de apicultores e administracións locais que queiran sumarse: aportando contidos, validando o calendario, co-organizando xornadas, ou simplemente endorsando a iniciativa para que chegue a máis xente.

Aínda non hai colaboradores anunciados. Queremos asegurarnos de que cada logo que aparece aquí representa unha colaboración real. Mellor baleiro que falso.

Que tipo de colaboracións buscamos

  • Cooperativas e asociacións apícolas: revisión do calendario apícola, achega de boletíns para a biblioteca, alertas estacionais conxuntas.
  • Administracións locais (concellos, deputacións): embed do mapa de avistamentos no portal municipal, difusión das xanelas de trampeo selectivo, retirada de niños no concello.
  • Universidades e grupos de investigación: co-publicación de monitorizacións, datos abertos sobre presión local, validación científica.
  • Medios e periodistas locais: uso libre dos datos do mapa con cita (CC-BY 4.0).

Escríbenos

Conta brevemente quen sodes e que tipo de colaboración propoñedes. Respondemos a todos os contactos.